venres, 13 de marzo de 2020

Dende o Ceip Doutor Suárez sumámonos ás recomendacións da Xunta e queremos compartir a través do noso blogue algunhas recomendacións para traballar dende casa estes días.

- Repasar os contidos traballados ata o de agora.
- Repasar as táboas de multiplicar.
- Ler algún libro
- Ver películas axeitadas.
- Compartir tempo e conversas coa familia.
- Aprender xogos novos.
- Actividades creativas: debuxar, escoitar música...
- Inventar historias.
- Escribir un diario.
- Facer entrevistas.

Ademáis, cada titoría marcou as súas instrucións que deberán ser seguidas polo alumnado na medida do posible.

Animámosvos a deixar os comentarios que consideredes a través deste blogue (consultas, dúbidas...).

Agardamos volver á normalidade o antes posible e con moitas ganas de retomar todos os proxectos e actividades nas que estamos inmersos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario