mércores, 4 de marzo de 2020

ENTROIDO

Este ano a nosa particular festa de entroido foi inspirada no noso PDI do centro "A volta ao mundo de Willy Fog".

Cada clase disfrazouse do país no que leva traballando dende principio de curso, aproveitando dita ocasión para investigar e descubrir particularidades de cada país.

Fixemos os disfraces durante esas semanas e o venres 21 preparámonos para o noso desfile pola plaza e unha pequena exhibición no patio do celexio.

Os nenos e as nenas de Educación Infantil foron de "Garda Real" de Londres. Desfilaron cos seus traxes e grandes gorros cunha caminata propia dos soldadon londinenes. Estaban xeniales!!







Os nenos e as nenas de 1º e 2º puxéronnos a todos a bailar co seu "rap exipcio". Momias, faraóns e exipcias... Que ven exhibiron Exipto! Noraboa clase!






Por outra banda, os nenos e as nenas de 3º trouxeron un pouco de "calma" co seu desfile de meditación. Traxes laranxas, budas... Os monxes budistas de 3º exhibiron unha parte moi peculiar do seu país, India!! Xeniales!




Os nenos de 4º trouxéronnos a parte máis divertida do seu país...China!! Con moito color, beizos vermellos, moños e gorros chinenes...Estaban guapísimos!




Con 5º nos desprazamos ao país veciño...Xapón! Neste caso había samurais con dragones de cores, e o popular gato da sorte xaponés, movendo a súa patiña e exhibindo dous elementos propios de Xapón. Estaban xeniales!




Os nenos a as nenas máis maiores exhibiron un dos elementos máis representativos de Estados Unidos. Cunha antorcha, un libro, unha coroa e unha túnica, trouxéronnos a Estatua da Liberdade a Fornelos! Estaban guapísimos!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario